Monday 29 de April de 2024

Os cativos do ‘Summer Camp’ de Oroso aprenden a importancia da biodiversidade coa plantación dunha árbore no Carboeiro


Os cativos participantes nos campamentos estivais ‘Summer Camp’ no Concello de Oroso aprenderon a importancia da biodiversidade cunha actividade programada no Paseo do Carboeiro, en Sigüeiro. Acompañados da concelleira de Ensino e Benestar, Beatriz Rodeiro, os cativos e as cativas colaboraron na plantación dunha árbore nas inmediacións do paseo. Para esta tarefa, contaron con ferramentas adaptadas ás súas idades e a continua supervisión do persoal dos campamentos.